Los Suaves
Urban rock
Biography
A historia dos Suaves non deixa de ser hasta certo punto coñecida, porque a historia do Rock'n'Roll esta chea de casos parecidos, se ben poucas bandas como eles foron tan malditas durante tanto tempo. Gracias á constancia, á confianza no traballo e ó apoio incondicional de cantos creen en eles, acadaron o recoñecemento que indudablemente merecían, pero nin moito menos chegaron ó seu límite. 1993 contempla o primeiro lanzamento discografico da banda de Ourense para unha multinacional, Polygram, baixo un gran L.P. chamado Malas noticias , que da por fin unha verdadeira dimensión ó poderio do conxunto galego, especialmente en canto a son, execución e produccion se refire.
Pero, ¿cal é o verdadeiro secreto do éxito dos Suaves? Se temos que afirmar que, como en todolos casos, unha gran banda é a esencia, aqui engadiremos que a verdadeira clave esta en Yosi que, ademais de compositor da música e cantante, é o autor das letras. Ahi é onde deben buscarse todalas respostas ós interrogantes que se poidan plantear acerca do éxito de esta banda, afianzado na espectacular entrega que xeneran os seus concertos.