Política de cookies

Por que as empregamos?

Rockbase emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario e amosarche contido personalizado. Unha cookie é un ficheiro de texto que un servidor web lle di ó teu navegador que almacene. Asígnanse de maneira unívoca, polo que só a pode ler o mesmo dominio que a creou. Non pode ser empregada para executar programas ou distribuir virus informáticos no teu ordenador, soamente para escribir e ler información.

Entre outras vantaxes, as cookies permítenche aforrar tempo, porque informan ó servidor para que saiba que xa navegache con anterioridade pola nosa web, de modo que pode recuperar a túa información específica nas seguintes visitas. Desta maneira, non tes que volver a completar os datos que che pedimos antes de rexistrarte ou as opcións de configuración que empregache como invitado na web.

Ademais tes a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies. A meirande parte dos navegadores acéptanas de maneira automática, pero se o prefires podes modificar as opcións do programa para que as rexeite. Se escolles que o navegador rexeite as cookies, é probable que non poidas aproveitar na súa totalidade as características interactivas de Rockbase ou de outros sitios web.